Saturday 04 de May de 2024

Alternativa dos Veciños propón melloras para a seguridade viaria de Bergondo


Alternativa dos Veciños é unha forza fondamente concienciada coa mellora da seguridade viaria. Dita seguridade fundaméntase en determinadas melloras e na adopción de medidas de diversa índole.

Algunhas como as seguintes:
– Construción de novas beirarrúas, sendas ou aproveitamentos de cunetas, priorizando aqueles lugares onde o tráfico peonil é maior.
– Instalación de redutores de velocidade en camiños municipais (coma os xa existentes, dende que Alternativa chegou ao goberno) e esixencia á Deputación da Coruña para que faga o propio nas súas vías.
– Mellora de sinalización viaria nas estradas municipais e esixencia ás demais administracións para que fagan o propio nas súas.
– Estudo de “puntos negros” e búsqueda de solucións aos mesmos, tanto nos nosos camiños coma noutras vías. Alternativa resolveu o problema “histórico” de accidentabilidade no Casal de Santa Marta, mais debemos estudar con atención outros puntos do noso concello.
– Esixencia permanente de melloras a Fomento, Xunta e Deputación para que incrementen investimentos nas súas vías, para mellorar a seguridade viaria, tanto de peóns, condutores e ciclistas.